Quen somos?
O “Seminario Movilidad e Infancia” é un grupo de traballo formado por profesionais do urbanismo, da educación, da xestión da mobilidade, da seguridade viaria e da saúde pública, e mais representantes de diferentes administracións, universidades e centros de investigación, consultoras e organizacións cidadás (ambientalistas, de voluntariado, educativas…) e organizacións non gobernamentais implicados no desenvolvemento de políticas e programas orientados a promover a mobilidade activa, segura e autónoma da infancia, así como a defender os seus dereitos.
O Seminario leva traballando e xuntándose anualmente desde 2012, co apoio do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
As seguintes entidades, integrantes do “Seminario Movilidad e Infancia“, xunto con diversos profesionais, promoven esta proposta: o Instituto de Saúde Global de Barcelona ISGlobal, a Coordinadora en Defensa da Bici – ConBici-, a Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnado – CEAPA-, a Asociación de Viandantes A Pie, o grupo “A cidade dos nenos” de Acción Educativa, o Grupo de Estudos e Alternativas Gea21 e o Comité de Saúde Ambiental da Asociación Española de Pediatría.
A iniciativa ten o apoio de Ciudades que Caminan, do Concello de Pontevedra, Ecoloxistas en Acción, Foro Andando, Greenpeace España, Teachers For Future Spain, Red de Ciudades por la Bicicleta, Ciudades Amigas de la Infancia de UNICEF España, Federación Iberoamericana de Urbanistas (FIU), PostCarCity e Madres por el Clima.
ENTIDADES PROMOTORAS
O Seminario Movilidad e Infancia está integrado por profesionais de campos diversos e representantes das seguintes institucións:
- Instituto de Salud Global de Barcelona (ISGlobal)
- ConBici – Coordinadora en defensa de la Bici
- CEAPA – Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnado
- A Pie, Asociación de Viandantes
- Grupo “La Ciudad de los Niños”, Acción Educativa
- Gea21-Grupo de Estudios y Alternativas
- Asociación Española de Pediatría – Comité de Salud Medioambiental