Política de privacidade
Segundo normativa de protección de datos vixente, ISGlobal informa expresamente do seguinte:
Cando se lle soliciten datos persoais para a prestación de servizos, informarase á persoa usuaria do carácter necesario dos que se consideren imprescindibles.
Se non se proporcionan estes datos obrigatorios, non será posible a prestación de tales servizos. Os datos de carácter persoal que vostede achegue ou aos que ISGlobal teña acceso como consecuencia da súa navegación, consulta e/ou solicitudes a través da páxina www.entornosescolares.es (o “Sitio Web“) serán incorporados a un ficheiro de titularidade de ISGlobal, coa finalidade de xestionar, manter e controlar as súas solicitudes de información e/ou contratación dos bens e/ou servizos ofrecidos a través do Sitio web. A información que recibe ISGlobal dos usuarios do sitio web a través da subscrición a eventos promocionais ou do envío de formularios, trátase coa máxima confidencialidade co fin de atender a súa participación no evento e enviarlle información, no segundo. A información recibida non se utiliza para ningún outro fin. Os datos persoais achegados non serán comunicados nin cedidos a terceiros sen previo consentimento da persoa interesada.
Cando sexa solicitada a cobertura dun formulario, informarase a persoa usuaria da identidade e dos datos do responsable do tratamento de datos e da persoa delegada de Protección de Datos, dos fins e da base xurídica do tratamento, dos destinatarios dos datos, no seu caso, das transferencias internacionais de datos, no seu caso, dos prazos de conservación dos datos e da facultade do usuario de exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación e/ou oposición ao tratamento, do dereito para presentar unha reclamación ante a autoridade de control e da existencia de decisións automatizadas, no seu caso. Os datos persoais recollidos só serán tratados e/ou cedidos coa expresada finalidade, e sempre co consentimento da persoa usuaria.
O envío de información mediante os formularios do sitio web sempre vai precedido da conformidade voluntaria mediante a selección dun botón “ACEPTAR/ENVIAR” (ou semellante), polo que ISGlobal dispón da proba de consentimento da persoa usuaria ao tratamento dos seus datos persoais.
A persoa usuaria responderá, en calquera caso, de que os datos porporcionados sexan verdadeiros, exactos, completos e actualizados, e ISGlobal resérvase o dereito de excluír da información ou os servizos solicitados a calquera persoa usuaria que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que legalmente procedan.
En virtude do disposto no artigo 22 da Lei 37/2002 de servizos da sociedade da información, ISGlobal poderá utilizar dispositivos de almacenaxe e recuperación de datos (“cookies”) en equipos terminais dos destinatarios, coa condición de que desen o seu consentimento despois de que se lles proporcionou información clara e completa sobre a súa utilización. As persoas usuarias poderán obter toda a información sobre a finalidade da instalación das cookies e os usos que se lles dará na Política de cookies de ISGlobal.
Todo o devandito non impedirá a posible almacenaxe ou acceso de índole técnica co único fin de efectuar a transmisión dunha comunicación por unha rede de comunicacións electrónicas ou, na medida que resulte estritamente necesario, para a prestación dun servizo da sociedade da información expresamente solicitado polo destinatario.
A persoa usuaria poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación do tratamento mediante solicitude dirixida á persoa delegada de Protección de Datos a través do correo electrónicol lopd@isglobal.org ou por correo postal ao enderezo de ISGlobal: c/ Rosselló, número 132, 7ª planta, 08036 Barcelona, España. A solicitude deberá indicar o nome e os apelidos do usuario, domicilio para os efectos de notificación, fotocopia do documento de identidade ou pasaporte e indicación do dereito que se exerce.
Así mesmo, se non está de acordo co tratamento realizado por ISGlobal ou considera quebrantados os seus dereitos, poderá presentar unha reclamación en todo momento perante a Agencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es – C/ Jorge Juan, 6, Madrid).
ISGlobal ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos seus datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural, todo iso de conformidade co previsto na normativa vixente. De conformidade co establecido na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, no caso de que vostede non desexe recibir comunicacións comerciais electrónicas no futuro, por parte de ISGlobal poderá manifestar tal vontade enviando un correo electrónico á persoa delegada de Protección de Datos (lopd@isglobal.org).
[Actualizado o 4 de marzo de 2021]