Exposición
de motivos
Exposición de motivos
Ata hai poucas décadas, en España, a maioría das nenas e dos nenos, tanto nas vilas coma nas grandes cidades, tiñan a posibilidade de se desprazaren camiñando ao seu centro educativo e de usar as rúas para o xogo, sen acompañamento de persoas adultas. Na actualidade, esta autonomía de movementos viuse drasticamente limitada por un modelo urbano que prioriza a mobilidade en vehículo privado, o que xerou toda unha serie de efectos sobre a vida, as oportunidades de desenvolvemento e a saúde de nenos e nenas.
Á parte das consecuencias sobre a seguridade, é necesario visibilizar outra serie de impactos sobre a calidade do aire e do espazo público que condicionan o desenvolvemento e a saúde da infancia.

INSEGURIDADE
A percepción de perigo por parte das familias favoreceu o aumento dos desprazamentos en vehículo particular e os atascos á porta dos colexios, xerando un círculo vicioso difícil de romper: máis coches, máis risco, menos nenas e nenos camiñando, máis coches, máis risco, menos nenas e nenos camiñando.
O predominio da mobilidade motorizada nas rúas vai en detrimento da seguridade e da autonomía infantil. Os accidentes de tráfico seguen a ser unha das principais causas de morte en nenos e nenas menores de 15 anos, e o número de peóns deste grupo de idade accidentado en centros urbanos rolda os 1.800 nestes últimos anos [1].
INDISCIPLINA VIARIA
A contorna escolar non adoita ofrecer bos exemplos de cumprimento das normas de tráfico. Pola contra, a saturación das vías, as présas e unha certa permisividade das autoridades locais fan que, nas horas de entrada e saída, sexan frecuentes as dobres filas, o aparcamento en beirarrúas e pasos peonís, xunto a outros comportamentos que, aínda por riba, xeran un risco real a quen vai camiñando ou en bicicleta.
DIFICULTADE PARA XOGAR, ADESTRAR A MADUREZ
E A AUTONOMÍA
A percepción do perigo derivou en sobreprotección e continuo control adulto da infancia, impedindo a aprendizaxe e dominio de numerosas aptitudes imprescindibles para o bo desenvolvemento físico e a maduración de destrezas psicolóxicas básicas: habilidades sociais, resolución de problemas, orientación espacial, percepción de eficacia, autocoidado, autoconfianza, etc.
As dificultades dos nenos, das nenas e dos adolescentes para camiñar, correr e relacionarse coa
A percepción do perigo derivou en sobreprotección e continuo control adulto da infancia, impedindo a aprendizaxe e dominio de numerosas aptitudes imprescindibles para o bo desenvolvemento físico e a maduración de destrezas psicolóxicas básicas: habilidades sociais, resolución de problemas, orientación espacial, percepción de eficacia, autocoidado, autoconfianza, etc.
súa contorna inmediata, así como para xuntarse e xogar libremente con iguais, vinculáronse, non só coa falta de autonomía, senón con problemas crecentes de soidade e illamento, ou co incremento da tensión emocional e da hiperactividade.
A importancia do xogo na infancia é tal que está recoñecido como un dos seus dereitos fundamentais pola Convención dos Dereitos do Neno, que tamén indica que “a sociedade e as autoridades públicas se esforzarán por promover o gozo deste dereito“.
As dificultades dos nenos, das nenas e dos adolescentes para camiñar, correr e relacionarse coa súa contorna inmediata, así como para xuntarse e xogar libremente con iguais, vinculáronse, non só coa falta de autonomía, senón con problemas crecentes de soidade e illamento, ou co incremento da tensión emocional e da hiperactividade.
A importancia do xogo na infancia é tal que está recoñecido como un dos seus dereitos fundamentais pola Convención dos Dereitos do Neno, que tamén indica que “a sociedade e as autoridades públicas se esforzarán por promover o gozo deste dereito“.
OBESIDADE: A EPIDEMIA DO S. XXI
España está entre os países europeos onde este problema de saúde pública é máis grave, cunha prevalencia ao redor dun 40% de sobrepeso na infancia, dos que un 19% dos nenos –case un de cada cinco– e un 17% das nenas padecen obesidade [2].
A obesidade infantil ten efectos inmediatos e a longo prazo sobre a saúde física, social e emocional. Os nenos, as nenas ou os adolescentes con obesidade corren maior risco de sufrir outras afeccións crónicas de saúde e enfermidades: asma, apnea do sono, problemas nos ósos e nas articulacións, diabetes tipo 2 e enfermidades do corazón. Tamén teñen máis risco de padecer illamento social, depresión e baixa autoestima.
O sobrepeso infantil está intimamente vinculado co sedentarismo e coa dificultade dos nenos e das nenas para realizar o exercicio mínimo diario necesario, entre o que debería incluírse o desprazamento activo aos centros escolares e a actividade física na contorna do barrio.

EXPOSICIÓN INFANTIL Á CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA
A contaminación do aire é un problema invisibilizado, aínda que causa máis mortes ca os accidentes de tráfico: 430.000 mortes prematuras en Europa, segundo a Axencia Europea de Medio Ambiente. A infancia ademais é especialmente vulnerable, dado que lle afecta ao crecemento, á saúde respiratoria ou ao desenvolvemento cognitivo.
A evidencia científica puxo de manifesto o gran problema de saúde pública que representa a contaminación do aire nas cidades -principalmente o NO2 e a materia particulada, PM2.5, PM10 e partículas ultrafinas (UFP)- convertida nun importante factor de risco para enfermidades como as infeccións
A contaminación do aire é un problema invisibilizado, aínda que causa máis mortes ca os accidentes de tráfico: 430.000 mortes prematuras en Europa, segundo a Axencia Europea de Medio Ambiente. A infancia ademais é especialmente vulnerable, dado que lle afecta ao crecemento, á saúde respiratoria ou ao desenvolvemento cognitivo.
A evidencia científica puxo de manifesto o gran problema de saúde pública que representa a contaminación do aire nas cidades -principalmente o NO2 e a materia particulada, PM2.5, PM10 e partículas ultrafinas (UFP)- convertida nun importante factor de risco para enfermidades como as infeccións respiratorias, a asma, as doenzas cardiovasculares ou o cancro de pulmón.
respiratorias, a asma, as doenzas as infeccións respiratorias, a asma, as doenzas cardiovasculares ou o cancro de pulmón.
En relación coas contornas e cos roteiros escolares, un estudo recente na cidade de Barcelona [3] mostrou que, aínda que os nenos e as nenas invisten só un 6% do seu tempo diario nestes desprazamentos a pé, absorben o 20% da dose total diaria de contaminantes do aire durante este tempo (o resto fano na casa – 35% – e na escola – 30%).
Estes resultados poñen de manifesto a necesidade de crear camiños escolares non só seguros –desde o punto de vista da accidentalidade- senón tamén saudables [4], [5].
En relación coas contornas e cos roteiros escolares, un estudo recente na cidade de Barcelona [3] mostrou que, aínda que os nenos e as nenas invisten só un 6% do seu tempo diario nestes desprazamentos a pé, absorben o 20% da dose total diaria de contaminantes do aire durante este tempo (o resto fano na casa – 35% – e na escola – 30%).
Estes resultados poñen de manifesto a necesidade de crear camiños escolares non só seguros –desde o punto de vista da accidentalidade- senón tamén saudables [4], [5].

EXPOSICIÓN INFANTIL AO RUÍDO: O PROBLEMA QUE SE OE, PERO NON SE ATENDE
O ruído impacta no noso sistema nervioso autónomo e endócrino, dando lugar a cambios na frecuencia cardíaca, na presión arterial e na liberación de hormonas asociadas á tensión, como o cortisol. Diversos estudos observaron unha asociación entre a contaminación acústica e a deterioración da función cognitiva, perturbacións hormonais, incluída a diabetes, accidente cerebrovascular e problemas de saúde mental, como a depresión e a tensión [6].
En Europa calcúlase que o ruído provoca máis de 72.000 hospitalizacións e 16.600 mortes prematuras ao ano e, aínda que son necesarios máis estudos para confirmalo, hai datos que suxiren que o ruído pode ser un factor de risco para o desenvolvemento de problemas de comportamento e atención en nenos e nenas. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), a exposición ao ruído pode ser unha das causas evitables de xordeira na infancia [7].
ILLA DE CALOR E VERDE URBANO
A contaminación atmosférica provocada por vehículos e actividades industriais, o pavimento de asfalto, que retén a calor e impermeabiliza o chan, e a proximidade entre edificios, que non permite liberar a calor, xeran as chamadas “illas de calor urbanas”. Todos estes factores, unidos á falta de espazos verdes (parques, árbores) e azuis (mar, ríos, estanques, fontes), provocan incrementos de temperatura con graves efectos sobre a saúde, especialmente en nenos e nenas e persoas maiores.
Por outra banda, distintos estudos demostran o efecto amortecedor dos espazos naturalizados fronte ao aumento de temperatura e mortalidade en cidades. E cada vez hai máis evidencias de que o verde urbano é beneficioso para a saúde mental e cardiovascular (por redución da tensión) da poboación, así como para o neurodesenvolvemento en nenos e nenas [8]. Os efectos do cambio climático van supoñer, ademais, un verdadeiro reto en relación co confort climático nas cidades, a menos que prepararemos e adaptemos edificios e espazos públicos urbanos ao previsible aumento das temperaturas e a maior incidencia de vagas de calor [9].
COVID-19
(actualización de setembro de 2020)
O actual contexto de emerxencia sanitaria xerada pola pandemia da COVID-19 puxo de manifesto a importancia clave da mobilidade sostible para reducir o tránsito, a contaminación, o ruído, etc. Durante o confinamento, debido ao menor uso dos vehículos de combustión e a redución da actividade, a polución diminuíu notable e visiblemente en toda España; por exemplo, os niveis de NO₂ derrubáronse nas principais cidades do país, cunha redución que se cuantificou nun 58% [10]. Lamentablemente, unha vez retomada a actividade logo do confinamento, os niveis de contaminación incrementáronse de novo, chegando aos niveis anteriores ao confinamento. Ademais, estudos publicados nos últimos meses suxiren que a exposición crónica á contaminación do aire pode contribuír a un maior risco de morte ou complicacións de saúde debido á COVID-19 [11], [12], [13]. Todo iso pon en evidencia a necesidade de cambios estruturais, con transformacións profundas nos sistemas de mobilidade e de loxística que usamos, que permitan unha redución da contaminación de maneira sostida no tempo.
A pandemia tamén nos obriga a reducir a transmisión da COVID-19 na contorna educativa. A guía «Medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde fronte á COVID_19 para centros educativos no curso 2020-2021», dos Ministerios de Educación e Sanidade en colaboración coas Comunidades Autónomas, expón a necesidade de crear contornas escolares seguras implantando, entre moitas outras medidas, aquelas que permitan limitar os contactos nas horas e nos lugares de entrada e saída das clases. Isto supón adoptar decisións que amplíen a dispoñibilidade de espazo físico de estancia e encontro nos accesos dos colexios, xunto con outras liñas de intervención para fomentar unha mobilidade activa e saudable, e reducir o risco de contaxio.
FONTES
FONTES
- [1] DGT
- [2] Iniciativa Europea de Vigilancia de la Obesidad Infantil, Organización Mundial de la Salud (OMS)
- [3] ISGlobal, Estudio BREATHE
- [4] Gascón, M. Entorno urbano y Salud: ¿Qué ciudades queremos?
- [5] Asociación Española de Pediatría, Comité de Salud Medioambiental. Caminando al Cole. Un modelo para innovar en salud de los niñ@s y medio ambiente (2019)
- [6] https://www.isglobal.org/healthisglobal/-/custom-blog-portlet/el-ruido-mucho-mas-que-una-molestia/6002085/0
- [7] https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/deafness-and-hearing-loss
- [8] https://www.isglobal.org/es/ciudadesquequeremos#espacios-verdes
- [9] https://twitter.com/mitecogob/status/1133336525020835840/video/1
- [10] https://www.ecologistasenaccion.org/141862/la-contaminacion-del-aire-urbano-en-espana-cae-un-58-entre-el-14-de-marzo-y-el-30-de-abril/
- [11] Domingo JL, Rovira J. Effects of air pollutants on the transmission and severity of respiratory viral infections. Environ Res. 2020; 187: 109650.
- [12] Frontera A, et al. Severe air pollution links to higher mortality in COVID-19 patients: the “double-hit” hypothesis. Journal of Infection 2020; 81 (2): 255-259.
- [13] https://www.consalud.es/pacientes/especial-coronavirus/oms-cree-contaminacion-aire-empeora-pronostico-infeccion-covid-19_84848_102.html
Medidas propostas
Por todas as cuestións expostas anteriormente, e considerando que España é un dos estados que ratificou a Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) (Ratificación da Convención recollida no BOE núm. 313, do 31 de decembro de 1990), preséntase esta proposta para que as contornas dos centros escolares se convertan en Áreas de Protección da Saúde da Infancia.
Para levar a cabo esta transformación, ínstase a todas as administracións públicas competentes a traballar de forma conxunta para aplicar as seguintes medidas:
centros escolares
Substituír as zonas de aparcamento que estean dentro do recinto escolar por áreas de lecer e de xogo.
Reservar en todos os recintos educativos, ou nos seus arredores, un espazo seguro para o aparcamento de bicicletas, patíns e patinetes para incentivar a mobilidade activa ao centro.
Revexetar os patios escolares con arboredo e plantas que proporcionen sombra, frescor e cor a estes espazos, melloren a calidade do aire e amortezan o ruído.
aos centros escolares
Limitar o aparcamento e o tráfico nas rúas da contorna e, moi especialmente, nos arredores das entradas aos centros.
Vixiar e facer cumprir estritamente a normativa viaria á entrada e saída de estudantes para que a contorna escolar sexa un espazo seguro e de convivencia.
Priorizar a mobilidade peonil e ciclista no viario da contorna escolar, creando corredores de acceso libres de coches, fomentando a presenza de vexetación e auga, e promovendo zonas de lecer, encontro e xogo no espazo público.
Integrar na redacción do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) medidas para fomentar contornas escolares seguras e saudables.
Incorporar nos Plans de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) medidas específicas de limitación e calmado do tráfico nas contornas escolares.
Promover un cambio xeneralizado cara ao modelo de “Cidade 30” para reducir a velocidade do tráfico en todo o tecido viario urbano.
Priorizar a proximidade ao centro escolar como criterio básico da zona escolar, en beneficio da infancia e de toda a comunidade, revertendo a implantación de “zona única de escolarización” que tan negativamente inflúe no incremento de desprazamentos motorizados diarios.